Canto popular gallego
Canto popular gallego
Manuel Rico (Boimorto, 1948), compañeiro de formación no
Seminario Francisco, exerceu a docencia en varios lugares, inicialmente fóra de
Galicia. Ao regresar, implicouse no proceso de normalización da lingua galega.
Este compromiso coa cultura propia levouno a desenvolver unha intensa
actividade de creación, investigación e publicación de obras sobre a lingua e a
literatura galegas, así como sobre a música tradicional, enfocándose na súa
aplicación pedagóxica.
Pola súa actividade cultural na radio e na prensa, recibiu
varios premios: o Premio do Ministerio de Cultura ao mellor labor cultural
continuado en 1985, o Premio do Ministerio de Cultura ao mellor programa
radiofónico en 1987 e o Premio Xunta de Galicia de xornalismo polo mellor
programa musical en 1989 (RNE Galicia).
Agora, co patrocinio compartido do tamén antigo alumno de
Herbón, Rogelio G. Escaleira, publícase “Canto popular gallego” (Colección de
temas musicais e coplas galegas, 1940), de frei Luís María Fernández Espinosa, nunha
edición comentada por Manuel Rico Verea e con prólogo de frei Juan Manuel
Buxán, ministro provincial franciscano.
Rico Verea, J.M. Buxán e Miguelanxo Seixas |
O pasado 24 de xuño, no Convento de San Francisco de
Compostela, realizouse a presentación pública da publicación. No acto, Manuel
Rico estivo acompañado por frei Juan Manuel Buxán e por Miguel Anxo Seixas,
Presidente da Fundación Castelao.
Antes deste acto formal, o 13 de xuño, no marco do xantar
celebrado polos antigos alumnos do Seminario de Herbón no día de Santo Antón,
xa tivemos a ocasión de coñecer esta magnífica edición e de ser agasallados cun
exemplar dedicado por Rico Verea.
Etiquetas: Herbón, Libros, Manuel Rico
<< Inicio