Reza Cabano: O legado dun mestre
A pegada das Habaneras:
O legado dun mestre coral
Xosé Luís Reza Cabano, alumno franciscano dos Seminarios de Herbón, Ponteareas e Compostela, desenvolveu nestes centros a súa innata inclinación pola música.
Os camiños da vida levárono aos estudos e ao exercicio da docencia, incluíndo os do Conservatorio de Música en Solfexo, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento. Destacou pola súa entrega ao solfexo, ao teclado e ao canto, inicialmente como tiple, logo como tenor, e rapidamente como director suplente e, posteriormente, titular das Schola Cantorum dos distintos centros onde realizou as súas etapas académicas.
Foi director de varios grupos corais, aos que a
miúdo forneceu de repertorio propio, grazas ás súas destacadas dotes de
composición, especialmente de melodías. Entre estas agrupacións destacan as
galegas do Porriño-Atios, Taboada e o Orfeón do Carballiño.
A corporación municipal do Concello do Carballiño acordou por unanimidade renderlle homenaxe, dedicándolle un espazo singular na Casa da Cultura. O acto, celebrado no pasado mes de xuño, contou coa presenza de Reza Cabano, acompañado pola coral, amigos, familia e unha garimosa representación dos alumnos de Herbón, a través de ASAFA.
Un ano antes, tamén na súa honra,
publicouse o volume imprescindible da súa obra completa baixo o título
"Pezas de Música Coral".
A coral do Orfeón do Carballiño, nacida da man de Reza
Cabano en 1993 con vinte e catro coristas, chegou a contar con corenta e cinco
voces mixtas. Esta coral organiza o anual Festival de Habaneras da localidade,
un legado do impulso de Reza, que acaba de celebrar a súa 30ª edición, mantendo
viva a memoria deste director inesquecible.
Etiquetas: Alumnos, Herbón, Reza Cabano
<< Inicio