A piscina do Seminario
A piscina do Seminario
Federico Pérez Rey, antigo alumno do Seminario Franciscano de Herbón, é un popular actor e humorista galego, ademais de filólogo e autor de guións.
Entre a súa extensa participación en series de televisión, filmes e
obras de teatro, destacan Padre Casares, Era visto! e Cuñados, sen desmerecer o
resto da súa longa carreira, que pode coñecerse con máis detalle neste enlace:
Ademais, o recordo do seu vínculo co Seminario Franciscano
de Herbón, recollido nunha recente entrevista que o xornalista Xan Carballa vén
de publicar na revista Sermos Galiza, leva ese peculiar sentido da retranca
para pór en valor a sedución da piscina do convento (ver recadro na imaxe
gráfica).
Pulsar sobre a foto para ampliar a tamaño orixinal |
Etiquetas: Alumnos, Federico Pérez, Herbón