sábado, 10 de agosto de 2024

Un convento hospitalario cos peregrinos

 

Hospitalidade franciscana en Herbón: 

Albergue para peregrinos no Convento



O Camiño Portugués de Santiago é unha das rutas máis transitadas por milleiros de peregrinos cada ano. Comeza en Lisboa, e os seus dous principais puntos de partida son Porto e Tui. 

Ademais do trazado tradicional, conta cunha variante que discorre pola costa.

En Padrón comeza a penúltima etapa do Camiño Portugués, un lugar especialmente simbólico, xa que segundo a tradición xacobea, aquí arribou o corpo do Apóstolo Santiago.



Entre as opcións de aloxamento dispoñibles para os peregrinos destaca o Albergue do Convento de Herbón, reservado exclusivamente para aqueles que contan coa credencial de peregrino. 

Este espazo, tranquilo e acolledor, é ideal para descansar e reflexionar durante a xornada no Camiño. Rodeado de máis de dez hectáreas de xardíns, bosques e hortas, inclúe os cultivos dos famosos pementos de Herbón.



Operativo desde o ano 2009 e xestionado pola Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, o albergue está aberto dende o inicio de abril ata finais de outubro. 

Dispón de capacidade para unhas trinta persoas en dormitorios compartidos, e ofrece os servizos básicos para acoller aos camiñantes en espazos confortables. 

Opinión de peregrinos sobre a experiencia


O horario de chegada está establecido entre as 16:00 e as 22:00 horas, e os peregrinos son atendidos por hospitaleiros voluntarios.

As ceas e os almorzos comunitarios non teñen un prezo fixo, senón que se realizan en base a donativos voluntarios dos usuarios. 



Ademais, ás 20:00 horas celébrase unha misa seguida da bendición do peregrino.

 

 

Etiquetas: , ,