xoves, 3 de outubro de 2024

Festividad de San Francisco

Festividad de San Francisco 

VIII Centenario de los Estigmas

Sea en el Convento de Herbón o en cualquier otro lugar, para los antiguos alumnos de este Seminario Franciscano y para toda la comunidad católica, cada 4 de octubre es una fecha de especial devoción. Este año, la conmemoración tiene un carácter aún más significativo al enmarcarse en el VIII Centenario de los Estigmas de San Francisco, recibidos en 1224. 

Nacido en 1181 o 1182 en Asís, Italia, Francisco fue el hijo de un próspero comerciante de telas. Tras una juventud despreocupada y llena de lujos, experimentó una profunda conversión espiritual que lo llevó a renunciar a su vida acomodada para abrazar la pobreza y dedicarse al servicio de los más necesitados. 

Fundó la Orden Franciscana y pasó el resto de su vida predicando el Evangelio y buscando imitar la vida de Jesucristo en su simplicidad y devoción.

EWTN Vaticano, 2024-09-27

Uno de los aspectos más notables de San Francisco es su amor por la naturaleza y todas las criaturas vivientes. Para él, la creación entera reflejaba la gloria de Dios, y en su famoso "Cántico de las Criaturas" expresó su profunda reverencia por el Sol, la Luna, el agua, el viento y los animales, a quienes consideraba hermanos y hermanas. 

Este amor por la naturaleza resuena con las preocupaciones contemporáneas sobre el medioambiente. En el contexto actual, su mensaje se traduce en una llamada urgente a la protección de los ecosistemas y a combatir la crisis climática. 

Francisco también representa un ejemplo de compromiso con la erradicación de la pobreza y la igualdad social, valores que siguen siendo vigentes en un mundo donde la desigualdad y la falta de acceso a recursos básicos afectan a millones de personas. Su enfoque en la sencillez y el respeto por todos los seres vivos es una guía para enfrentar estos retos globales desde la compasión y la justicia.

San Francisco recibe los estigmas (de Ludovico Cardi)

La influencia de San Francisco se ha extendido por todo el mundo a través de la Orden Franciscana, que hoy cuenta con frailes, monjas y laicos comprometidos con vivir según los valores de pobreza, humildad y amor al prójimo. 

Los frailes menores, las clarisas y la Tercera Orden Franciscana, que incluye a seglares, son un testimonio vivo de la herencia espiritual del santo de Asís. 

Estas comunidades están activamente involucradas en proyectos humanitarios y ecológicos en muchos países, llevando el espíritu franciscano de fraternidad y servicio a los rincones más vulnerables de la sociedad.

El acontecimiento más extraordinario en la vida de San Francisco tuvo lugar en 1224, dos años antes de su muerte, cuando recibió los estigmas, unas heridas en su cuerpo que replicaban las de la crucifixión de Cristo. Según la tradición, esto ocurrió mientras estaba en profunda oración en el monte Alverna, Italia. 

Los estigmas, considerados un signo de su intensa unión espiritual con Cristo, simbolizan el sufrimiento redentor de Jesús y el amor abnegado de Francisco hacia el mundo. 

Esta mística experiencia ha sido fuente de inspiración para millones de creyentes a lo largo de los siglos y sigue siendo un símbolo de sacrificio y entrega total a Dios en el servicio a los demás.

La festividad de San Francisco, especialmente este 2024, con el telón de fondo del Octavo Centenario de los Estigmas, invita a reflexionar sobre su vida, sus enseñanzas y su relevancia continua en un mundo que busca soluciones a la crisis medioambiental, la pobreza y la desigualdad.

Etiquetas: , ,

sábado, 21 de setembro de 2024

De campamento no Convento

Actividade aberta á mocidade

De campamento no Convento


No Convento de Herbón, a serenidade que predomina durante o resto do ano esvaece entre a primavera e o outono, dando paso a unha vibrante actividade, especialmente intensa nos meses de verán. A partir de maio, as instalacións acollen a máis de 500 persoas, que participan en campamentos e programas de convivencia xuvenil organizados tanto polo Concello de Padrón como por entidades doutros puntos da comarca. A beleza e singularidade do entorno natural do convento atrae tamén a grupos organizados por axencias de turismo e asociacións xuvenís de toda Galicia e incluso de fóra.

O convento dispón de completas e amplas instalacións que se adaptan perfectamente ás necesidades destes grupos. Conta con tres grandes salas para durmir en literas, ademais dun espazo exterior onde algúns participantes optan por acampar. Os monitores dispoñen de cuartos propios, e hai baños amplos e ben equipados, xunto a dúas cociñas. O comedor, cunha capacidade de ata 250 persoas, é un dos espazos centrais, mentres que os salóns polivalentes facilitan a realización de actividades lúdicas e educativas.

A piscina ao aire libre é, sen dúbida, un dos grandes atractivos, especialmente nos días máis calorosos. Ademais, os rapaces poden desfrutar dun extenso patio para xogos, pistas deportivas e un pequeno monte que ofrece un paraxe natural ideal para excursións e roteiros. A variedade de actividades, como talleres, xogos, representacións teatrais e festas, converten o Convento de Herbón nun destino moi valorado polos organizadores.

A combinación entre un entorno natural privilexiado, instalacións confortables e unha ampla oferta de actividades fai deste lugar un espazo clave para a mocidade durante os meses estivais, favorecendo non só o lecer, senón tamén a creación de lazos sociais e o aprendizaxe en convivencia.

 👉  Beneficio especial para socios de ASAFA  


Os cativos vinculados aos socios de ASAFA, xa sexan fillos ou netos, desfrutan de condicións especiais, como unha redución nos custos e prioridade na reserva. A secretaría da asociación encárgase de realizar as xestións necesarias para os compañeiros interesados.






Etiquetas: , , ,

mércores, 28 de agosto de 2024

Un convento de película

Ben de Interese Cultural

Herbón: Un convento de película

En 2015, Hospital Real, unha popular serie emitida pola Televisión de Galicia, foi gravada en varios lugares históricos e naturais de Galicia, destacando entre eles o Convento de Herbón e o Hostal dos Reis Católicos en Compostela. Esta produción televisiva, ben acollida polo público, combinaba misterio, aventura, romance e elementos históricos, o que axudou a dar visibilidade ao patrimonio cultural do antigo Seminario Franciscano situado nas beiras do Río Ulla.


A historia do convento

O Convento de Herbón foi fundado en 1396 por Frei Gonzalo Mariño e Frei Pedro Nemancos en terreos doados polos cóengos de Iria Flavia. Ata o ano 1700, foi un lugar de retiro para os frades, coñecido inicialmente como convento de San Francisco e, posteriormente, como convento de San Antonio, nome co que se lle coñece desde o século XVI.

A partir de 1701, o convento converteuse nun colexio de misións, onde os relixiosos pasaban polo menos dous anos antes de partir cara ás misións en América. Herbón funcionou como tal ata a desamortización de 1835. Para adaptarse a esta nova función, o convento foi practicamente reconstruído, cunhas obras que finalizaron en 1767.

O século XIX foi unha época turbulenta para o mosteiro. En 1809, sufriu o saqueo das tropas napoleónicas. Coa restauración absolutista en 1814, e de novo en 1823, o convento foi utilizado como cárcere para clérigos liberais. A desamortización de 1835 supuxo a exclaustración dos frades, pero o convento foi salvado da ruína grazas á intervención do Concello de Padrón, que o administrou ata 1865. O concello arrendaba o convento e a horta por períodos de tres anos, coa condición de conservalo intacto e non talar o bosque.


Durante vinte anos, o convento foi rexido polo Arcebispado de Santiago, que estableceu alí un seminario menor. En 1885, os frades regresaron a Herbón e, seis anos despois, fundaron o Seminario Franciscano, dando comezo á súa historia como centro educativo, que rematou recentemente, en 1991.

Nas aulas do Seminario Franciscano de Herbón estudaron milleiros de alumnos ao longo dos dous últimos séculos, a maioría deles procedentes de Galicia, pero tamén de Asturias, León e Zamora.

O patrimonio do convento

A maior parte do convento data do século XVIII, agás o claustro, o comedor dos frades e os dormitorios, que son anteriores. O edificio está construído nun estilo austero e funcional, cunha notable ausencia de elementos decorativos. No entanto, no interior consérvanse valiosos retablos, esculturas e pinturas.

A igrexa, construída entre 1705 e 1722, é unha nave de cruz latina con bóvedas de cantería sobre arcos de medio punto. Na sobria fachada destaca o lucernario e o campanario. No interior, gárdanse pezas marabillosas, como o órgano, datado na primeira metade do século XVIII e completamente reformado en 1923, así como os seus nove retablos.

O retablo maior, obra de Xacinto Barrios, data de 1708 e segue os canonees do barroco. Aquí atópanse as tallas de San Francisco e Santo Antón, realizadas por Xosé Gambino, un dos grandes mestres do rococó galego, quen en Herbón creou algunhas das súas obras mestras. Os retablos da Dolorosa, da Virxe de Guadalupe, de San Diego, de San Francisco e de San Luís tamén son do século XVIII. No século seguinte, en estilo neoclásico, talláronse os retablos do Sagrado Corazón e da Virxe de Fátima. O retablo de San Bieito é unha adaptación de 1972 dun retablo anterior.

A parte máis antiga do convento é o claustro, que data de 1629, cunha reforma realizada no século seguinte. É de estilo renacentista, moi sinxelo, cun cruceiro no centro do patio e unha serie de retablos nas súas alas, entre os que destaca o do Sagrado Corazón, de estilo barroco. A sancristía é un dos espazos máis notables, coa súa peculiar bóveda esquifada. Outros elementos destacados do convento, todos eles do século XVIII, son o segundo claustro, o comedor, a sala gardanal e a imaxe de San Francisco "botando auga polo peito", situada no adro da igrexa.



Etiquetas: , ,

domingo, 25 de agosto de 2024

Unha palmeira senlleira

Patrimonio natural do Convento

Unha palmeira senlleira

No espazo natural das cinco hectáreas que abrangue o convento de Herbón, medra unha palmeira datileira (Phoenix dactylifera) plantada en 1900, que está incluída no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras co código 66A.Segundo algúns documentos antigos, esta árbore é sucesora doutras que existiron no mesmo lugar, na súa orixe histórica traídas desde Palestina polo frade Juan Rodríguez de Padrón na Idade Media.

Intervención de Rodríguez Dacal na estrea da nova palmeira

No verán de 2010, coincidindo co encontro anual, os antigos alumnos do Seminario Franciscano de Herbón fixemos posible, grazas ás nosas aportacións económicas, a plantación dunha nova palmeira datileira para completar a parella orixinal do xardín do convento. A outra palmeira desaparecera na década dos anos cincuenta debido a un gran temporal de chuvia e vento en 1952. Esta nova plantación foi realizada co asesoramento do botánico Carlos Rodríguez Dacal.



As árbores senlleiras son aquelas que, polas súas características extraordinarias, destacan sobre o resto. Estas particularidades poden referirse á súa idade, tamaño ou outra “rareza” que converte ao exemplar, ou grupo de exemplares, en auténticas reliquias botánicas. En Galicia contamos con numerosos exemplos deste tipo de árbores, que non necesariamente son autóctonas. Moitas delas atópanse en xardíns, onde engaden un valor especial ao contorno.

Estas árbores senlleiras están protexidas pola súa inclusión no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, regulado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, que modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo. Esta protección legal garante, en principio, a súa conservación. As árbores e formacións senlleiras incluídas no catálogo considéranse protexidas a todos os efectos, o que implica a prohibición de calquera acción que poida afectar negativamente a súa integridade, saúde ou aparencia. Ademais, esta protección esténdese ao seu ámbito inmediato, e os propietarios, contarán con axuda oficial para o seu coidado.

Participación dos exalumnos no acto da palmeira en 2010

A Horta e o Bosque

O convento de Herbón está rodeado por unha muralla de 825 metros de lonxitude, que case circunda por completo os seus terreos. Dentro deste espazo atopamos, ademais das construcións, un extenso terreo de horta, verxel e bosque.

Na horta do convento medraron os primeiros pementos de Herbón. Sábese que foron os frades quen trouxeron de América unha especie de “guindilla” que se adaptou a estas terras, transformándose no famoso pemento de Herbón. Desde aquí, o cultivo estendeuse ás leiras dos veciños, que aínda hoxe seguen cultivando esta variedade con éxito. Herbón foi tamén un dos primeiros lugares de Galicia onde se cultivou a pataca.

Destaca, ademais, unha grande masa de árbores frondosas, principalmente carballos e sobreiras, que medran no perímetro da propiedade conventual.

Etiquetas: , ,

sábado, 10 de agosto de 2024

Un convento hospitalario cos peregrinos

 

Hospitalidade franciscana en Herbón: 

Albergue para peregrinos no Convento



O Camiño Portugués de Santiago é unha das rutas máis transitadas por milleiros de peregrinos cada ano. Comeza en Lisboa, e os seus dous principais puntos de partida son Porto e Tui. 

Ademais do trazado tradicional, conta cunha variante que discorre pola costa.

En Padrón comeza a penúltima etapa do Camiño Portugués, un lugar especialmente simbólico, xa que segundo a tradición xacobea, aquí arribou o corpo do Apóstolo Santiago.



Entre as opcións de aloxamento dispoñibles para os peregrinos destaca o Albergue do Convento de Herbón, reservado exclusivamente para aqueles que contan coa credencial de peregrino. 

Este espazo, tranquilo e acolledor, é ideal para descansar e reflexionar durante a xornada no Camiño. Rodeado de máis de dez hectáreas de xardíns, bosques e hortas, inclúe os cultivos dos famosos pementos de Herbón.



Operativo desde o ano 2009 e xestionado pola Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, o albergue está aberto dende o inicio de abril ata finais de outubro. 

Dispón de capacidade para unhas trinta persoas en dormitorios compartidos, e ofrece os servizos básicos para acoller aos camiñantes en espazos confortables. 

Opinión de peregrinos sobre a experiencia


O horario de chegada está establecido entre as 16:00 e as 22:00 horas, e os peregrinos son atendidos por hospitaleiros voluntarios.

As ceas e os almorzos comunitarios non teñen un prezo fixo, senón que se realizan en base a donativos voluntarios dos usuarios. 



Ademais, ás 20:00 horas celébrase unha misa seguida da bendición do peregrino.

 

 

Etiquetas: , ,

xoves, 8 de agosto de 2024

Visitas guiadas ao Convento

 

Visitas guiadas 

polo Convento de Herbón



Desde o pasado 1 de abril ata o próximo 31 de outubro de 2024, todas as persoas interesadas poden participar, de forma gratuíta, nas visitas guiadas ao Convento Franciscano de Herbón. 

Estas visitas teñen lugar todas as semanas, de luns a sábado, a partir das 18:30 horas, cunha duración aproximada de unha hora, aínda que adoitan prolongarse.

Vista aérea do Convento (video)

Para concertar visitas de grupos ou obter máis información, pódese chamar ao teléfono 666 174 428.

Pulsar sobre as fotos para ver a tamaño natural

As visitas son guiadas por Juan Ramón Martínez Vecino, antigo alumno do Seminario Franciscano de Herbón e actual secretario de ASAFA, a entidade sociocultural que nos dota de personalidade xurídica. Juan Ramón colabora voluntariamente en múltiples labores a favor do Convento e na preservación da memoria dos seminaristas que alí estiveron. Durante o percorrido, acompaña ás persoas cun relato ameno e didáctico sobre a historia de cada recuncho deste mosteiro, declarado hoxe en día Ben de Interese Cultural galego.

Visita virtual ao Convento de Herbón

A visita non require inscrición previa, agás para os grupos, e inclúe un percorrido por boa parte do convento, excluíndo a área privada. 

Durante a visita, poderase coñecer a igrexa, o recentemente restaurado claustro, parte do antigo colexio e as instalacións exteriores.

Etiquetas: , ,