Visitas guiadas ao Convento
Visitas guiadas
polo Convento de Herbón
Desde o pasado 1 de abril ata o próximo 31 de outubro de 2024, todas as persoas interesadas poden participar, de forma gratuíta, nas visitas guiadas ao Convento Franciscano de Herbón.
Estas visitas teñen lugar
todas as semanas, de luns a sábado, a partir das 18:30 horas, cunha duración
aproximada de unha hora, aínda que adoitan prolongarse.
Para concertar visitas de grupos ou obter máis información,
pódese chamar ao teléfono 666 174 428.
Pulsar sobre as fotos para ver a tamaño natural |
As visitas son guiadas por Juan Ramón Martínez Vecino,
antigo alumno do Seminario Franciscano de Herbón e actual secretario de ASAFA,
a entidade sociocultural que nos dota de personalidade xurídica. Juan Ramón
colabora voluntariamente en múltiples labores a favor do Convento e na
preservación da memoria dos seminaristas que alí estiveron. Durante o
percorrido, acompaña ás persoas cun relato ameno e didáctico sobre a historia
de cada recuncho deste mosteiro, declarado hoxe en día Ben de Interese Cultural
galego.
Visita virtual ao Convento de Herbón
A visita non require inscrición previa, agás para os grupos, e inclúe un percorrido por boa parte do convento, excluíndo a área privada.
Durante a visita, poderase coñecer a igrexa, o recentemente restaurado
claustro, parte do antigo colexio e as instalacións exteriores.
Etiquetas: Convento, Herbón, Visitas guiadas