xoves, 8 de agosto de 2024

Visitas guiadas ao Convento

 

Visitas guiadas 

polo Convento de Herbón



Desde o pasado 1 de abril ata o próximo 31 de outubro de 2024, todas as persoas interesadas poden participar, de forma gratuíta, nas visitas guiadas ao Convento Franciscano de Herbón. 

Estas visitas teñen lugar todas as semanas, de luns a sábado, a partir das 18:30 horas, cunha duración aproximada de unha hora, aínda que adoitan prolongarse.

Vista aérea do Convento (video)

Para concertar visitas de grupos ou obter máis información, pódese chamar ao teléfono 666 174 428.

Pulsar sobre as fotos para ver a tamaño natural

As visitas son guiadas por Juan Ramón Martínez Vecino, antigo alumno do Seminario Franciscano de Herbón e actual secretario de ASAFA, a entidade sociocultural que nos dota de personalidade xurídica. Juan Ramón colabora voluntariamente en múltiples labores a favor do Convento e na preservación da memoria dos seminaristas que alí estiveron. Durante o percorrido, acompaña ás persoas cun relato ameno e didáctico sobre a historia de cada recuncho deste mosteiro, declarado hoxe en día Ben de Interese Cultural galego.

Visita virtual ao Convento de Herbón

A visita non require inscrición previa, agás para os grupos, e inclúe un percorrido por boa parte do convento, excluíndo a área privada. 

Durante a visita, poderase coñecer a igrexa, o recentemente restaurado claustro, parte do antigo colexio e as instalacións exteriores.

Etiquetas: , ,